quarta-feira, 12 de agosto de 2009

Rosa Alice Branco gaña o Espiral Maior de poesía


En palabras do xurado, formado por Xosé María Álvarez Cáccamo, Xavier Rodríguez Baixeras e Miguel Anxo Fernán Vello, a obra gañadora, "O gado do Senhor", contén unha proposta poética que leva a cabo un discurso crítico e unha glosa irónica sobre a Biblia, centrada na consideración da inxustiza que representa a morte consentida pola Providencia. A obra gañadora denota igualmente un grande dominio técnico, tanto na composición do poema como no ritmo sintáctico e une unha gran intensidade dramática en equilibrio cunha ollada serena sobre a realidade inmediata.

Á actual convocatoria presentaronse un total de 198 libros, procedentes de Galicia, Portugal, Angola e Brasil e, en declaracións efectuadas polo xurado, contou a presente edición cun dos niveis máis altos de calidade observados na historia do certame. O Premio de Poesía Espiral Maior, dotado con 15.000 euros -o que o converte nun dos galardóns poéticos máis dotados economicamente da Península Ibérica-, supón, a maiores, a publicación da obra, cunha tiraxe de 2.000 exemplares, na Colección de Poesía de Edicións Espiral Maior.

Mais em Viveiros.

Sem comentários: